JBERCERO presta servizos baseados principalmente na diagnose, reparación e verificación de avarías au anomalías de funcionamento dos distintos conxuntos, automatismos e elementos auxiliares. Así como a realización do mantemento apropiado, en cada caso, en condición idóneas de calidade e seguridade. En JBercero queremos ofrecerche o mellor servizo para o teu vehículo. Visítanos e coñécenos, chegou momento de confiar e despreocuparte.
Liñas de servizo:

Mecánica rápida

  • Anticonxelantes e limpeza de circuítos
  • Escapes: silenciadores e catalizadores
  • Aceites: sintéticos, semisintéticos e naturais
  • Freos: discos de freo, pastillas, zapatas
  • Amortecedores de gas e aceite
  • Transmisións
  • Cambio de lámpadas
  • Baterías
  • Filtros
  • Neumáticos
  • Outros

Mecánica xeral

  • Pre-ITV
  • Diagnóstico e reparación motores
  • Diagnóstico e reparación sistemas de aceso, alimentación, carburación e inxección
  • Diagnóstico e reparación de embragues, caixas de cambio e transmisións
  • Diagnóstico e reparación de sistemas de dirección, freos, suspensións, seguridade pasiva
  • Diagnóstico e reparación sistemas de aire acondicionado e climatizadores

Sobre nós

Os de sempre.

Somos un taller que parte dunha ampla experiencia na mecánica do automóbil. Comezamos unha nova aventura onde apostamos pola confianza e o trato directo cos nosos clientes. Contamos contigo!

Os nosos principios profesionais.

Compromiso.

JBERCERO aposta pola oferta de servizos mecánicos de calidade, contando para iso cun profesional experimentado e cualificado no sector.

Transparencia.

JBERCERO cumpre coas diferentes normativas de obrigado cumprimento en materia de seguridade, hixiene e medio natural, e dispón das correspondentes licenzas de apertura, actividade e número de rexistro.

Confianza.

JBERCERO ten unha excelente reputación profesional na área da mecánica de automoción.

Continuidade.

JBERCERO é unha empresa nova e dinámica, que recolle toda a bagaxe e a experiencia de Javier Bercero no sector da reparación de vehículos.

Coñece o equipo.

Javier Bercero
Director e mecánico experto. 18 anos de experiencia en motores PSA Citroën e diversa formación en motores Volkswagen e Ford
Irene Mosquera
Responsable de oficina, contas e atención ao cliente.
Adrián Pérez
Mecánico oficial. Con máis de dez 10 anos de experiencia en motores Opel.
Manuel Pardal
Mecánico con experiencia en motores Volkswagen, SEAT e Škoda.

O que din de nós

A clientela fala e a nós gústanos

Alicia NimoMestre

Son super monos e a min sempre me arrejlan o coche. - Daviiiiiiid!!!

David SantomilInvestigador

O territorio de A Mahía precisaba un lugar coma este, un lugar de encontro onde, ademáis de cambiar as rodas, puideras apreciar a orixe do val..

Pablo NimoMestre

Eu xa o teño claro, vou levar o coche alí! Quédame ao lado dos da leña...

Silvia DapenaDiplomada en todo

Eu non teño coche nin carné, pero cómproo si fai falta...

Cita Previa e Contacto

Escríbenos.